O PSdeG-PSOE de Portomarín solicita acceso ás analíticas da traída municipal do último ano

O Grupo Municipal Socialista do PSdeG-PSOE no Concello de Portomarín rexistrou unha solicitude oficial para acceder ás analíticas realizadas na traída municipal de auga correspondentes ao último ano, desde xuño de 2025 ata a actualidade.
A petición foi presentada a través do seu voceiro, Sergio Vázquez González, ao abeiro da lexislación vixente e do regulamento orgánico municipal, e ten como finalidade obter a información necesaria para o exercicio das funcións de control e fiscalización propias dos concelleiros da corporación.
Os socialistas solicitan así o acceso aos datos relativos ás análises do abastecemento municipal de auga, nun período que abrangue os últimos doce meses, co obxectivo de coñecer o estado e a evolución do servizo.