O PSOE de Abadín pide o servizo de recollida de lixo para dous barrios de Galgao

TerraChaXa | LugoXa
O voceiro socialista de Abadín, Pablo Díaz avanzou hoxe que rexistrou unha moción coa que reclama ao Concello que asuma as súas competencias co servizo de recollido de lixo, tal e como marca a normativa, e dote de xeito urxente aos veciños de Samordás e Bicos deste servizo, na parroquia de Galgao.
Captura de pantalla 2018 12 28 a las 10.40.04
26 Jan 2021

O voceiro socialista de Abadín, Pablo Díaz avanzou hoxe que rexistrou unha moción coa que reclama ao Concello que asuma as súas competencias co servizo de recollido de lixo, tal e como marca a normativa, e dote de xeito urxente aos veciños de Samordás e Bicos deste servizo, na parroquia de Galgao.

O voceiro socialista advertiu que “a competencia do servizo de recollida de lixo é responsabilidade das entidades locais, e poden desenvolvela de xeito asociado ou con medios propios, polo tanto Concello de Abadín é o único responsable da recollida, transporte e do tratamento dos residuos domésticos xerados nos fogares, comercios ou servizos da nosa vila”.

“Non entendemos como en pleno século XXI hai familias e vivendas no noso Concello que non poden dispoñer deste servizo, xa que ten quer ser unha prestación prioritaria na folla de ruta de calquera goberno municipal”, insistiu Díaz.

Por todo isto emprazamos ao alcalde do PP de Abadín e todo o seu Goberno “a que revise a prestación do servizo de recollida de lixo que se está realizando actualmente no Concello, co fin de solventar as graves deficiencias existentes, como ocorre actualmente na parroquia de Galgao”, resumiu.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20566296577454