O PSOE postúlase como o único partido que defende os intereses da Mariña
A secretaria provincial Socialista e Deputada Autonómica, Patricia Otero, xunto aos candidatos ao Congreso e ao Senado que encabezan, Ana Prieto e Cesar Mogo, participaron nunha visita ao mercado de Burela. Neste acto estiveron acompañados polo alcalde de Burela, Alfredo Llano, ademais doutros cargos orgánicos do partido. A secretaria provincial Socialista remarcou a importancia desta cita electoral. "O único partido que defende os intereses da mariña é o PSOE, e faino, investindo 2,04 millóns de euros nos prototipos para paliar los efectos da néboa no tramo da A-8, ou coa iluminación da Ponte dos Santos, ou a través do Plan de conservación, con actuacións no Portiño de Morás (Xove) e en San Cibrao con 500.000 euros", citou a modo exemplo.
"Esta mesma semana adxudicouse o novo Centro de Atención e Información da Seguridade Social de Viveiro cun investimento de 844.000 euros, tamén esta en marcha o treito Foz-Barreiros dá Autovía da Mariña (A-74), que conta cun investimento estimado de 241,4 millóns de euros, e sen esquecer a suba das pensións aos mais 116.000 lucenses. Estes son datos incontestables das constas de Pedro Sánchez na Mariña Lucense", resumiu Otero.
"Sobre Alcoa quero que quede lanzar unha mensaxe, clara, rotunda e nítida, o Goberno de Pedro Sánchez, nunca, nunca abandonará aos traballadores e as súas familias. O PSOE segue traballando sen descanso para atopar unha solución a este problema. Xa aprobamos un investimento de 38 millóns de euros, o que supón o maior importe que deu o goberno de España a ningunha empresa en todo o país para permitir a competitividade e o impulso, fronte aos cero euros de Feijoo e do PP", espetou Otero.