O publico distingue a Entre nosotras como a gañadora do festival de Cine

LugoXa
A Semana de Cine de Lugo rematou a súa 43 edición cunha gala na que se repartiron os diferentes premios que concedeN xurado e público
la casa de los conejos semana de cine lugo
27 sep 2021

A Semana de Cine de Lugo rematou a súa 43 edición cunha gala na que se repartiron os diferentes premios que concede tanto o xurado como o público. Neste último grupo o primeiro premio á Mellor Película da Sección Oficial foi para Entre Nosotras, (Francia, 2019) de Filippo Meneghetti, que obtivo 2,59 puntos.

A puntuación do público para o resto das películas presentadas foi para Surcos (España, 2020) de Julio Mazarico (2,46 puntos); La Casa de los conejos (Argentina, 2020) de Valeria Selinger (2,37 puntos); Martín Eden (Italia, 2019) de Pietro Marcello (2,31 puntos); El arte de volver (España, 2020) de Pedro Collantes (2,18 puntos), e Almas rotas (México, 2020) de Juan Pablo Arroyo Abraham (1,57 puntos).

Ademais, o Premio do Público á Mellor Película Galega foi para Dorothe na Vila (Galicia, 2020) de Alejandro Gándara e Olaia Tubio mentres que a Mellor Curtametraxe recaeu en Migrants (Francia, 2020) de Antoine Dupriez, Aubin Kubiak, Lucas Lermytte e Zoe Devise.

Pola súa banda, o xurado concedeu o premio á Mellor Película do Cine  de  Nacionalidades a Ecos (España, 2020) de Tommy Llorens. O de Mellor Película Documental foi para O Gran Camiño (España, 2021) de Alba Prol e Raul García.

A Organización e o Xurado da XLIII SECILUGO (Semana de Cine de Lugo) concederon varias mencións especiais polo tratamento dos temas. Así, foron premiados Sergio da Veiga (Galicia, 2021) de Manuel Lucas Mariño; Somos Cárcere (Galicia, 2021) de Irene Pin; Casa Bonita (Galicia, 2021) de Paula Amor; Cineris (Galicia, 2020) de Carlos Quirós; E se non é covid? (Lugo-Galicia, 2021) de Antonio Lence Castro; Habitar el Tiempo (España, 2020) de Xavi Guerrero; Trenes que van al mar (Reino Unido-España, 2020) de Hugo Obregon e Manuel Alvarez; Era yo (España, 2019) de Andrea Casaseca; Checkpoint (Portugal, 2019) de Julia Kalavainen; Roberto  (España, 2020) de Carmen Córdoba González; The Wick (Reino Unido, 2021); Der Wachter (Austria, 2020) de Albin Wildner; Tierras Construídas (España, 2019) de Arturo Dueñas; Rust (Polonia, 2020) de Rafal Malecki; Las cosas donde ya no estaban (Argentina, 2021) de Favio Vallarelli; Encuentro (Mexico, 2019) de Ivan Lowenberg; Mapa de los sueños latinoamericanos (Argentina, 2020) de Martin Weber; La danza de los mundos (España, 2021) de J.J. Machuca, La Desvida (España, 2020) de Agustin Rubio Alcover; El vestido de novia (España, 2021) de Enrique Muñoz; No quiero más (España, 2020) de Alicia Moncholi Lueje; Canción sin nombre (Perú, 2019) de Melina León, e El alma del silencio (México, Irlanda, Inglaterra, 2020) de Emir Luciano e Tlachi Sandoval.

0.19629621505737