O Rallye de San Froilán será os días 22, 23 e 24 de outubro

LugoXa
O Rallye de San Froilán volve un ano máis a cidade de Lugo os días 22, 23 e 24 de outubro.
Rally san froilan 2021 1
1 Out 2021

O Rallye de San Froilán volve un ano máis a cidade de Lugo os días 22, 23 e 24 de outubro.

Este ano chega a súa 43 edición e constará dun percorrido total de 455,61 quilómetros, dos cales 116,16 quilómetros corresponden a 10 treitos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ó tráfico.

Esta proba é puntuable para o Campionato Galego de Rallyes e estará dividida en dúas etapas e catro seccións. O Rallye terá tres parques de traballo, ademais do parque de traballo da noite do venres ao sábado.

Os premios e trofeos que se entregarán serán aos 6 primeiros da xeral, piloto e copiloto, sendo 1.800 euros o agasallo para os primeiros, 1.350 para os segundos, 1.000 para os terceiros, 750 euros para os cuartos, 600 para os quintos e 500 euros para os sextos.

Os primeiros de cada agrupación levarán 250 euros, 130 e 100 euros respectivamente.

Rally san froilan 2021
0.20012593269348