O Real Club Náutico de Ribadeo izou as súas bandeiras azul e Q de calidade

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Real Club Náutico de Ribadeo izou as súas bandeiras azul e Q de calidade turística no porto deportivo de Porcillán.
36949229_2033669643517065_3158067075969187840_o
14 Xul 2020

O Real Club Náutico de Ribadeo izou as súas bandeiras azul e Q de calidade turística no porto deportivo de Porcillán. Ao acto, celebrado asistiron representantes da corporación municipal e da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) ribadense xunto a membros da directiva do club, que observaron atentamente como a nena Elena izaba as dúas bandeiras. 

O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña, declarou que “este sinxelo acto non é nada máis que un recoñecemento ao labor destes 8 anos nos que levamos aquí. É o oitavo ano no que temos a sorte de izar esta bandeira que certifica que o porto de Ribadeo é un porto dos mellores de Galicia. Tanto é así que estamos no ranking dos sete primeiros portos deportivos que ten Galicia, tanto en número de tránsitos como en instalacións”.

Acuña tamén recalcou a importancia das instalacións coas que conta actualmente o club: “temos unhas instalacións coidadas. Neste momento, que é o último acto que esta directiva promove, deixamos para as eleccións que temos este venres, unhas instalacións de primeira orde, coidadas, con servizos para todos os socios, sen menoscabo de ningún deles, porque todos somos participes dunhas instalacións dunha entidade que nunca, polo menos no tempo que levamos nós, estivo en contra de ninguén, estivo soamente loitando por aclarar as circunstancias que levaron á situación que estamos a vivir. E neste momento ímonos coa satisfacción do deber cumprido.”

O presidente do RCNR engadiu “se se analizan as propostas que nós presentamos no ano 2009 e posteriormente no 2012 neste momento están plenamente cumpridas. Deixamos un club saneado, con todas aquelas propostas de instalacións a realizar feitas e coa satisfacción de saber que neste momento a Xunta de Galicia xa tomou en conta a decisión do peche da bocana e a apertura da nova bocana no canal sur, e polo tanto nós podémonos sentir orgullosos neste momento de deixar un club náutico perfectamente orientado ata os anos vindeiros. Eu confío en que os substitutos que collan as rendas teñan a sorte que tivemos nós e o coidado esmerado en manter as instalacións”.

0.11671805381775