O recinto feiral do San Froilán abrirá un día máis con prezos reducidos
As patronais da cidade celebraranse ata o vindeiro domingo. pois o recinto feiral abrirá un día máis con prezos reducidos. "Celebraremos o día da infancia despois de escoitar a proposta das e dos empresarios do sector, permitindo que o recinto feiral prolongue a súa estancia máis a cambio de ofrecer prezos reducidos nos distintos postos", explicou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro
A proposta supón ampliar a apertura dos postos do recinto feiral, ofrecendo un prezo reducido tanto nas atraccións para persoas adultas como nas infantís. Maite Ferreiro afirmou que "o San Froilán 2024 está a ser un gran éxito e desde o Concello de Lugo queremos facilitar que toda a veciñanza poida desfrutar das festas independentemente da súa situación económica".