O Resurrection Fest de Viveiro confirma novas bandas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
27 Mar 2020

O Resurrection Fest de Viveiro confirmou a incorporación de novas bandas ao seu cartel.

Así, o festival que se celebrará do 1 ao 4 de xullo contará con novos artista.

Nesta ocasión estarán os xaponeses Crossfaith, os suecos Raised Fist, os británicos Sylosis e os neoiorquinos CRO-MAGS.

Por outra banda, Chelsea Grin lamenta comunicar que non poderá acudir ao festival debido aos cambios na súa xira norteamericana.

Xa había confirmadas varias bandas como System of a Down; os británicos Judas Priest, que celebrarán o seu 50 aniversario; KoRn; Meshuggah; Heaven Shall Burn; Madball; Sepultura; Jinger, que volve a Viveiro e desde Francia, Dagoba que virán cargados de enerxía para un show que a organización califica de eléctrico; Dark Funeral fará as delicias dos fans do metal extremo e Beyond The Black estrearanse no país co seu metal sinfónico.

Tamén contarán con Knocked Loose, que visitará por primeira vez o país e demostrarán por que son unha das bandas máis revolucionarias do hardcore actual. Belvedere fará saltar co seu punk máis zapatillero e Lionheart case con seguridade ofrecerá un concerto brutal, segundo afirma a organización. Our Hollow, Our Home tamén se estrearán no Resurrection. Amenra actuará xa que tiveron que cancelar o concerto hai anos cun espectáculo de luz e son e estarán tamén as bandas Elder e The Atomic Bitchwax.

Hamlet presentará o seu disco Berlín. Blowfuse, un referente do punk rok, regresará tamén. O Resu será tamén o primeiro festival de Onza, con Pepo de Desakato ás voces. Vita Imana veñen a Viveiro por primeira vez trala incorporación do seu novo cantante Mero Mero, ademais Thirteen Bled Promises van sacar novo disco e finalmente, tras ser gañadores de Band Contest, Cannibal Grandpa se unen ao cartel para 2020.

0.1235179901123