O Ría de Foz organiza unha carreira solidaria por casa
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
2 Abr 2020
O Club de Atletismo Ría de Foz lanza unha campaña solidaria coa que doará un quilo de comida ao Banco de Alimentos de Foz por cada quilómetro de carreira.
Os que o desexen o domingo 5 de abril desde as 8.00 horas ata as 20.00 horas deberá facer ata cinco quilómetros correndo no corredor da súa casa, no salón, no xardín ou en bicicleta estática e enviar unha proba que o demostre ao correo atletismoriadefoz@gmail.com.