O Ribadeo aposta pola canteira e a renovación administrativa na súa permanencia en Preferente

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Ribadeo tardou pero finalmente conseguiu cambiar a dirección do club mudando nun primeiro lugar a súa directiva.
69856558_2738028496210387_185372871554498560_n
4 Out 2020

O Ribadeo tardou pero finalmente conseguiu cambiar a dirección do club mudando nun primeiro lugar a súa directiva. O novo presidente é o ex xogador dos anos 70 Pedro Posada que xa avanzou que a intención é unha modernización do club na súa xestión. Pero a súa  aposta máis forte é pola canteira a través dun achegamento á SD Ribadeo pero mantén a maior parte da plantilla e o adestrador, Rafa Casanova.

O histórico club, que volverá competir en Preferente, renovou a dez xogadores, os porteiros Carrera e Hugo, os defensas Coki, Cube, Isma e David, os mediocampistas Santi e Poratti, e os dianteiros Criss e Diego Hermida.

A aposta pola canteira quedou certificada coa reincorporación de varios xogadores formados na SD como Iván Moreda, Iván García, Borja Fernández, Del Viso, Javi Peña, Anxo e Samuel. Ademais, o club recuperou a catro canteiráns que se formaron no occidente asturiano Javi Méndez e Fran, para reformar a liña de ataque.

O Club xa comezou os seus adestramentos na Devesa, onde foi presentado o novo club, que loitará  polo ascenso a Terceira cun plantel de xogadores no que primou a canteira. Ademais, remataron as obras do Pepe Barrera, polo que terán un campo en grandes condicións.

 

 

Captura de pantalla 2019 09 17 a las 12.33.04
0.128093957901