O Riot GZ Fest celebra en Lugo a súa primeira edición cun cartel potente

Lugo contará en 2026 cun novo evento musical de referencia. O Riot GZ Fest celebrará a súa primeira edición os días 22 e 23 de maio no Pazo de Feiras e Congresos, cun cartel centrado no punk, Oi! e rock alternativo.
A cita estará encabezada por Evaristo, figura clave da historia do punk estatal, acompañado por unha ampla selección de bandas internacionais e nacionais.
Entre os nomes máis destacados figuran The Rumjacks, Perkele, Cockney Rejects, The Toy Dolls, Bull Brigade e The Rumjacks, que tamén forman parte dunha xira estatal neste 2026.
O cartel complétase con propostas como La Polla Records, Tropa do Carallo, Gatillazo, Sham 69, Lions Law, Ruxe Ruxe, Misconduct, Chulería Joder, True Mountains, Jenny Woo e Jordi Panico, entre outros.
Con esta primeira edición, o Riot GZ Fest preséntase como unha nova aposta por traer a Lugo bandas consolidadas e tamén nomes emerxentes da escena underground.