O sábado será o cuarto videofaladoiro de Nordés do Vicedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O cuarto videofaladoiro de Nordés do Vicedo será o sábado 9 de maio, ás 19.
8 Maio 2020

O cuarto videofaladoiro de Nordés do Vicedo será o sábado 9 de maio, ás 19.00 horas con Xosé-Lois Armada (Incipit-CSIC) e titularase Un machado de hai 3000 anos nas Negradas (O Vicedo): crónica dun redescubrimento.

Houbo tempos nos que as persoas adicadas a escudriñar nas antigüidades foron incomprendidas ou mesmo perseguidas. Co paso dos séculos, a estas persoas déronlle un nome arqueólogos. E ata se crearon estudos universitarios para esta actividade, nos que destacou o protagonista do próximo “videofaladoiro de Nordés”.

O dito anteriormente serve para introducir a ese profesional e compañeiro que para Nordés é un pracer ter nos videofaladoiros.

É unha figura senlleira no estudo das Idades dos Metais, o cariñés Xosé-Lois Armada é un arqueólogo que está a facer moito pola recuperación e posta en valor do patrimonio inmemorial das bisbarras do Ortegal, A Mariña, a Península Ibérica en xeral e, incluso, alén dos Pirineos.

Nesta ocasión o convidado falará dun machado da Idade do Bronce que foi atopado por Federico Maciñeira no 1906 no lugar de Morgallón (Negradas - O Vicedo).

Para escoitalo pódese facer de maneira virtual é en directo empregando a plataforma Jitsi Meet, e tendo a oportunidade de plantexar cuestións ao rematar o seu faladoiro. Para este modo é preciso apuntarse antes do venres 8 de maio ás 14.00 horas enviando un email a asociacion.nordes@gmail.com ou cunha chamada ou mensaxe ao 620 417 848.

Tamén pódese participar no faladoiro a través da canle de Youtube de Nordés, con emisión en directo e en diferido no seguinte link: https://youtu.be/OlgcW9g8aBg

0.19468307495117