O San Adriano contará con seis orquestras a principios de setembro en Lourenzá
O Concello de Lourenzá arrinca o mes de setembro coas festas de San Adriano, en honor a Santa Filomena, que serán dos días 6 ao 8. O primeiro deles comezará cunha contundente cea ás 21.30 horas a base dunha gran pulpada e churrasco servida por Constante-Guerra e xa á noite terá lugar a primeira verbena a cargo de Los Satélites e Israel.
Ao día seguinte, haberá unha misa solemne ás 13.30 horas trala cal a sesión vermú virá amenizada polo grupo Saudade, que volverá a actuar á noite xunto a Solara.
O último día, o 8 de setembro, tras a misa das 13.30 horas, a sesión vermú contará co grupo de baile da asociación cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá e de seguido tocarán os integrantes da orquestra Principal que volverá subirse ao escenario co dúo EPO-K na verbena.
A festa disporá de campo cuberto por unha gran carpa.