O San Cibrao de Cervo festéxase este xoves

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
25 sep 2019

O xoves 26 de setembro, Cervo celebra a festa na honra a San Ciprián cunha misa ás 12.30 horas que será cantada pola coral Terra Mar, na capela do santo.

A continuación, os participantes poderán desfrutar dun xantar ás 14.30 horas no restaurante Buenavista, de Carmenchu.

E como fin de festa haberá baile, ás 17.30 horas, na Casa do Mar, amenizado polo dúo Epo-k.

A festividade está organizada pola agrupación Terra Mar e conta coa colaboración do Concello.

0.11896300315857