O San Lázaro xa é de Primeira, logo de vencer ao Brollón na prórroga

LugoXa
Un gran regreso para o equipo lugués, que retorna a unha competición que abandonou hai poucos anos
celebracion-do-san-lazaro
Celebracion do xogadores do San Lázaro
10 Xuño 2024

O San Lázaro logrou o billete a Primeira este domingo logo de vencer na prórroga ao Brollón no partido de volta dos play off de ascenso.

Logo dun primeiro partido entre ambos en Lugo, que rematou 1-1, este domingo xogaron na Pobra outro partido moi igualado, que finalizou de novo con empate, nesta ocasións a ceros. Como manda a normativa déronse 30 minutos de prórroga e xa nos primeiros minutos marcou o único gol do partido o San Lázaro, obra de Pablo que lle permitirá xogar o ano que vén na primeira categoría do fútbol afeccionado.

Un gran regreso para o equipo lugués, que retorna a unha competición que abandonou hai poucos anos. Na fase de semifinais o San Lázaro superou ao Becerreá, cun 2-0 na ida e un 2-1 na volta. Malia perder o segundo, no cómputo xeral levouse a vitoria.

0.19062781333923