O saxofonista lucense Xurxo Morales, recoñecido a nivel internacional

LugoXa
O lucense, de 17 anos, acadou o terceiro premio internacional na sección de novos talentos nas xornadas internacionais de saxofón Andorra Sax Fest’21
xurxo morales saxofon andorra
4 Apr 2021

O lucense Xurxo Morales Varela, de 17 anos, vén de acadar o terceiro premio na sección de novos talentos nas  xornadas internacionais de saxofón 'Andorra Sax Fest'21'. Xurxo Morales participou nesta sección do certame como único representante de España e competiu con outras nacionalidades como Francia, Rusia e Italia.

Formado no Conservatorio e en centros de ensino musicais de Lugo, Xurxo Morales estivo á altura de saxofonistas formados en Versalles e Moscú, dos que procedían os outros premiados. O terceiro premio acadado, supuxo un estimulante recoñecemento, ao tratarse da súa primeira participación, resultando ser o único participante de España premiado en calquera das categorías.

Como concursante na sección de ata 17 anos de idade, clasificouse a continuación de Chiara Beatrice Cannavale (Italia, 1° Premio) e Dmitry Pinchuk (Rusia, 2° Premio).

Consciente de que isto só supón un bo comezo, agradece a formación inicial que, de xeito lúdico e dende moi pequeno, lle achegou o seu pai, tamén músico.

Unha das sensacións máis gratificantes da recepción do premio, asegura, foi poder contestar ás preguntas dos profesores do xurado sobre o seu centro de procedencia. Así, puido nomear con orgullo o Xoán Montes de Lugo e situalo xunto aos centros de Versalles e Moscú, dos que procedían os outros premiados. Xurxo Morales di sentirse en débeda coa dirección do Conservatorio de Lugo, de onde saen excelentes músicos lugueses aos que toma por referentes.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1877760887146