O SD Burela e SD Porto de Burela critican o mal estado da Marosa

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
[Best_Wordpress_Gallery id="56" gal_title="SD Burela Campo A Marosa"] O SD Burela e SD Porto de Burela, vén de facer pública o mal estado das instalacións deportivas de A Marosa, o campo de fútbol no que adestran uns 214 nenos dende escolas deportivas ata o equipo sénior e cun uso de a un total de 17.
11 Xul 2020

[Best_Wordpress_Gallery id="56" gal_title="SD Burela Campo A Marosa"]

O SD Burela e SD Porto de Burela, vén de facer pública o mal estado das instalacións deportivas de A Marosa, o campo de fútbol no que adestran uns 214 nenos dende escolas deportivas ata o equipo sénior e cun uso de a un total de 17.280 horas á tempada por parte de nenos, nenas e adestradores que disfrutan deste deporte.

"Durante un longo periodo as instalacións, por parte do Concello, sufriron un abandono considerable e o resultado é que a día de hoxe é un perigo o seu uso", din dende o equipo burelés, "é sabido por todos e todas a importancia que ten a práctica segura nunhas instalacións en boas condicións, algo do non podemos presumir das instalaciones de A Marosa".

Enumeran algunhas das súas inquedanzas como que o Concello dotou de alumeado ao campo artificial de maneira moi precaria, "puxémonos en contacto coa persoa responsable en repetidas ocasións debido á pouca altitude dos paus que portan os focos, cegando así aos xogadores que entrenan ou xogan durante o inverno e se fai noite moi cedo, sen recibir resposta a cambio", din. Ao igual que no campo natural, nos meses de inverno teñen que encender as luces da pista de tenis e as do campo conxuntamente para levar a cabo partidos e adestramentos pola pouca visión que ofrecen os focos do campo.

Con respecto a grada pechada durante toda a tempada por perigo de derrumbe, "repercutiu no cambio de ubicación dos vestiarios e do local onde se gardaba o material deportivo". Con respeto os vestiarios cabe destacar que os xogadores deben ducharse e cambiarse por quendas, incluido en inverno, polo pouco espacio de éstes, tendo que facer dita espera a intemperie. Segundo o Concello a grada cumpre cunhas condicións favorables para poder ser ocupada presenta un estado de deterioro considerable.

O peche do campo artificial é "temerariamente perigoso porque está todo enferruxado, polo cal se comeu o material na maioría del, correndo o risco de que algún neno ou nena se corte", engaden.

"O mal mantemento dos campos clama pola súa ausencia", prosegue, no campo articial saiu herba natural e está todo aberto polas xuntas. No natural o campo non drena e durante os días de pouca choiva acumula poceiras.

Dende a SDBurela e SD Porto de Burela din que "as instalacións pertencen ao Concello de Burela, o cal debería telas un pouco en condicións e non facerse notar a preferencia por Xoan ou por Pedro".

Seguirán insistindo nas melloras de A Marosa por todos os medios que poidán tratando de evitar que haxa algún tipo de accidente nos nenos ou adultos que se achegan as instalacións.

0.18273210525513