O Servizo de Cardioloxía do HULA organiza un taller gratuíto sobre alimentación para recuperar os hábitos tras o verán

O Servizo de Cardioloxía do HULA organizará o vindeiro 16 de setembro unha nova edición de "CardioDesayunos", un taller gratuíto para pacientes, familiares e persoas coidadoras centrado na recuperación dos hábitos saudables coa volta á rutina.
Baixo o título "Vuelta a la Rutina", a actividade estará impartida polo dietista Noel López Piñín, que abordará cuestións relacionadas coa alimentación e co proceso de adaptación ás enfermidades crónicas, co obxectivo de favorecer o benestar e a calidade de vida.
O taller desenvolverase entre as 19.00 e as 21.00 horas na Ferretería, situada na rúa San Froilán número 11, en Lugo.
A participación é gratuíta, aínda que é necesario realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico cardiohula1@gmail.com ou do teléfono 604 82 77 35.