O servizo madrugadores do Valadouro conta con 20 cativos
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello do Valadouro, rexido polo PSOE, informa respecto de que xa comezaron as actividades extraescolares no colexio e tamén o servizo madrugadores, do que desfrutan 20 cativos.
7 Out 2019
O Concello do Valadouro, rexido polo PSOE, informa respecto de que xa comezaron as actividades extraescolares no colexio e tamén o servizo madrugadores, do que desfrutan 20 cativos.
O centro pasara de ter 78 a uns 135 alumnos precisamente polo servizo de apoio ás familias traballadoras.
Os pais poden deixar aos nenos no centro a partires das 8.15 horas e ata as 9.30 horas e polas tardes poden facelo de 16 a 19 horas. O servizo comprende tódalas actividades extraescolares e tamén os programas de conciliación.
No veciño concello de Alfoz empezaron recentemente con este servizo que no Valadouro funciona dende hai anos con 20 usuarios no servizo madrugadores e pola tarde, con 90 nenos que se quedan ás actividades.