O Sindicato Labrego Galego organiza en Portomarín unha xornada de Granxas Abertas

LugoXa
Pola tarde terá lugar a presentación da asociación As espigadoras, que loita pola preservación dos oficios tradicionais dende o rural
granxas_abertas_portomarín
granxas_abertas_portomarín
8 Xul 2024

Este mércores terá lugar unha nova edición da xornada de Granxas Abertas, nesta ocasión en Portomarín, dende as 10.30 horas até o fin da tarde da man do Sindicato Labrego Galego. As persoas interesadas en asistir deben inscribirse chamando ao 982 231 154 ou cubrindo un formulario online. O programa arranca cunha quedada diante do Mesón do Loio.

Ás 11.00 horas coñecerase Campo do Loio, proxecto de mel da man de Iago e, posteriormente, unha granxa ecolóxica de leite de vacas en pastoreo con Ovidio. A partir das 13.45 horas na Adega de Cabanas, Sandra ensinará o seu furancho, un proxecto de Economía circular, "dende a terra ata a mesa".

Unha granxa diversificada (horta, viñedos, animais, froiteiras...) coa que abastece o seu furancho O xantar compartido será ás 15.00 horas e, xa pola tarde, terá lugar a presentación da asociación As espigadoras, que loita pola preservación dos oficios tradicionais dende o rural, e un debate.

0.14363121986389