O sistema para evitar a condensación no Pazo dos Deportes comeza a funcionar esta fin de semana

LugoXa
Reforzaron tamén a capacidade de ventilación do Pazo, coa instalación de novas bocas de extracción
condensacion-pazo-dos-deportes
12 Out 2024

Operarios da empresa Frisaqués completarán a instalación do sistema de aire para climatizar a pista do Pazo dos Deportes, unha medida adoptada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo co obxectivo de evitar episodios de condensación que impidan o transcurso dos partidos. Os traballos comezaron o martes 8, tras constatarse na xornada anterior que a condensación que provocou a suspensión do encontro CB Breogán-Tenerife se produciu como consecuencia dos altos niveis de humidade -con niveis próximos ao 100 % - e do choque térmico entre a temperatura ambiente e a do parqué da pista.

Posteriormente, os operarios instalaron as tubaxes para a impulsión e retorno do aire que se insuflará baixo a pista e os cadros de control do sistema, que se activará só no caso de que os factores ambientais o aconsellen. Ademais, reforzaron a capacidade de ventilación do Pazo, coa instalación de novas bocas de extracción pensadas para unha evacuación máis eficaz da humidade.

0.20190501213074