O teatro afeccionado chega este sábado a Becerreá

LugoXa
O Cicuíto de Teatro Afeccionado, que iniciou xa unha nota tempada, fará a súa parada este sábado en Becerreá
Teatro afeccionado portada
26 Oct 2022

O Cicuíto de Teatro Afeccionado, que iniciou xa unha nota tempada, fará a súa parada este sábado en Becerreá.

A Asociación Cultural Abrente representará a obra O tío Ripias. A actuación será este sábado 29 ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Becerreá.

A obra conta a historio do tio Ripias, que é tan agarrado que pensa que a luz da farola está mellor alumeando á súa casa que á rúa. Para el as modernidades están de máis, ben pode pasar sen elas.

E que dicir de gastar un peso en amañar a casa, as perras son pra gardalas. Pero xa se sabe o que di o refrán, o que non bebe viño nin fuma tabaco, o demo llo leva por outro buraco. E o certo é que ao tio Ripias non lle vai faltar quen lle limpe os petos.

Teatro afeccionado Becerrea

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18515992164612