O teatro afeccionado chega este sábado as Nogais

LugoXa
O Cicuíto de Teatro Afeccionado, que iniciou xa unha nota tempada, fará a súa parada este sábado nas Nogais
Teatro afeccionado portada
Teatro afeccionado portada
9 Nov 2022

O Cicuíto de Teatro Afeccionado, que iniciou xa unha nota tempada, fará a súa parada este sábado nas Nogais.

O grupo Hipócrita Teatro representará unha comedia para todos os públicos titulada Arte. A actuación terá lugar o sábado 12 ás 19.30 no Centro Sociocultural das Nogais.

Esta é unha obra construída con personaxes que se revelan pouco a pouco ata adquirir unha complexidade insospeitada e que, entre risas, moitas risas, nos mostrarán unhas cantas cousas nada banais sobre nós mesmos, sobre a fraxilidade das relacións humanas e sobre a incapacidade para entender e para amar por riba dos nosos propios prexuízos.

Veremos como, en cuestión dunha semana e por un motivo aparentemente trivial, tres amigos fan saltar polos aires unha relación de vinte anos, comportándose como nacións en guerra: alianzas secretas, pactos rotos e, sobre todo, tolerancia cero.

Teatro afeccionado xenerico
0.24595379829407