O teatro afeccionado chega mañá ó Corgo
O Cicuíto de Teatro Afeccionado, que iniciou xa unha nova tempada, fará a súa parada este sábado no Corgo.
O grupo A Adala representará a comedia Vivan os noivos. A actuación será este sábado 12 ás 20.30 horas no Local Socila Cela
A obra conta a historia de Olegario e Olvido, un matrimonio que está a facer fronte ao coidado dos seu respectivos pais xa maiores, Lisarda e Casimiro.
Ambos pasan o día a competir e discutir. Tanto discuten, que os fillos deciden levalos a unha residencia. Unha vez alí, ante a falta de atención dos fillos e a sospeita de que estes soamente pensan na herdanza, únense, convertíndose en apoio o un do outro.
Finalmente, como o roce fai o cariño, decidiron marchar da residencia para gozar xuntos dos seus aforros e vivir plenamente o seu amor.
O Corgo acollerá durante tres sábados máis estas representacións teatrais. O sábado 19 de novembro terá lugar a representación de A tortilla e a peste da compañía Nova Escena, o sábado 3 de decembro A morte morrida do grupo O Centiño e o sábado 10 de decembro Contos da compañía Chinchiribote.