O teatro chega esta tarde a Baralla

LugoXa
O Cicuíto de Teatro Afeccionado, que iniciou xa unha nova tempada, fará a súa parada hoxe sábado 7 de xaneiro en Baralla.
7 ene 2023

O Cicuíto de Teatro Afeccionado, que iniciou xa unha nova tempada, fará a súa parada hoxe sábado 7 de xaneiro en Baralla.

A Asociación Cultural Abrente das Nogais representará a obra O tío Ripias. A actuación será ás 19.30 horas no Centro Sociocultural e Xuvenil do Concello de Baralla.

A obra conta a historio do tio Ripias, que é tan agarrado que pensa que a luz da farola está mellor alumeando á súa casa que á rúa. Para el as modernidades están de máis, ben pode pasar sen elas.

E que dicir de gastar un peso en amañar a casa, as perras son pra gardalas. Pero xa se sabe o que di o refrán, o que non bebe viño nin fuma tabaco, o demo llo leva por outro buraco. E o certo é que ao tio Ripias non lle vai faltar quen lle limpe os petos.