O torneo Maruxaina enfrontará ao San Cibrao e ao Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo acollerá o vindeiro xoves, 8 de agosto, o III Torneo Maruxaina no que se presentará o primeiro equipo do Club Deportivo San Ciprián.
Captura de pantalla 2019 09 03 a las 18.14.29
7 Ago 2019

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro xoves, 8 de agosto, o III Torneo Maruxaina no que se presentará o primeiro equipo do Club Deportivo San Ciprián.

A cita foi presentada no Campo de fútbol da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, o presidente do Club Deportivo sancribrense, Manel Gómez, e por Borja Rego, membro da directiva deste ente.

O torneo, organizado polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, enfrontará ao C.D. San Ciprián (2ª Galicia) e ao Viveiro C.F. (Preferente).

Villares sinalou que “este evento deportivo xa consolidado  é un complemento perfecto para a Festa da Maruxaina que ten lugar esa fin de semana, podemos dicir que o deporte marca, neste caso, o punto de partida desta celebración tan senlleira en San Ciprián”.

O rexedor e o edil de Deportes tamén quixeron desexar moita sorte e moitos éxitos ao Club Deportivo San Ciprián nesta nova tempada.

0.06995701789856