O TSXG analizará o ERE en Alcoa o 28 de outubro

TerraChaXa | LugoXa
As centrais sindicais CIG, CCOO e UGT anunciaron a través do comité de empresa de Alcoa que o próximo 28 de outubro terá lugar no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza a vista para substanciar a petición de medidas cautelares para paralizar o ERE de Alcoa San Cibrao "e impedir así que a multinacional inicie o fatal proceso de parada das cubras de electrólise".
37108f99 9768 44b2 821d 450ddece7064
19 Oct 2020

As centrais sindicais CIG, CCOO e UGT anunciaron a través do comité de empresa de Alcoa que o próximo 28 de outubro terá lugar no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza a vista para substanciar a petición de medidas cautelares para paralizar o ERE de Alcoa San Cibrao "e impedir así que a multinacional inicie o fatal proceso de parada das cubras de electrólise".

"Permitir que Alcoa comece co apagado das cubas suporía un dano irreversible nas capacidades produtivas da fábrica de San Cibrao e lastraría calquera posible saída para garantir a continuidade dos empregos e da produción. Por iso, alén da decisión que adopte o alto tribunal galego, faise preciso unha actuación firme, decidida e inmediata por parte das administracións públicas de cara á intervir a fábrica e para apartar a dirección de Alcoa da toma de decisións, tendo en conta que xa confirmou a súa intención de executar o ERE e desmantelar o complexo industrial", indican nun comunicado.

Neste senso, as centrais sindicais van solicitar tamén reunión urxente da Mesa Multilateral para pór en común coas administracións as accións a seguir, coñecer que traballos concretos fixeron o Ministerio de Industria e a Xunta dende a última xuntanza no camiño de efectivizar a intervención, declarar o carácter estratéxico da produción de aluminio primario, como teñen previsto afrontar esta intervención se o TSXG asume as medidas cautelares e que alternativa baralla en caso contrario.

Como indican, no escrito o TSXG demándase a intervención ou a administración xudicial dos bens produtivos, asumíndose a intervención e administración da planta de aluminio por parte da SEPI durante o tempo que dure o proceso de impugnación do despedimento colectivo e mentres non haxa sentenza xudicial firme. E de maneira subsidiaria, que se ordene a Alcoa non executar os despedimentos individuais e, en consecuencia, que non proceda a parar a produción de aluminio na fábrica nin as cubas de electrólise.

"A estas alturas, non valen as medias tintas nin máis declaracións de intencións, as actuacións teñen que ser firmes e teñen que realizarse xa. Nin o Goberno español nin o Goberno galego poden permitir que o futuro de toda unha comarca e dun sector industrial estratéxico como o aluminio quede ao arbitrio das decisións dunha empresa privada", conclúen.

CONCENTRACIÓN

O Comité de traballadores comunicou que o xoves 22 de outubro ás 11 horas os traballadores da fábrica de Alcoa e das empresas auxiliares achegaranse ás oficinas do paro de Burela para visualizar o impacto do peche da fábrica.

Pregan cumprir coas medidas de seguridade e levar máscara.

 

82195534_2644764669085307_3881942899851526144_o

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19042420387268