O TSXG ratifica a condición de persoal laboral fixo a un traballador do servizo do Ges da Pontenova

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ratificar a sentenza do xulgado do social Nº 3 de Lugo que decretou a condición de persoal laboral fixo dun operario do grupo de Emerxencias Supramunicipal (Ges) da Pontenova.
29 Xul 2020

A sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de ratificar a sentenza do xulgado do social Nº 3 de Lugo que decretou a condición de persoal laboral fixo dun operario do grupo de Emerxencias Supramunicipal (Ges) da Pontenova.

Despois de que o Concello recurrira a sentenza emitida polo xulgado do social Nº 3 de Lugo no pasado mes de outubro de 2019, o TXSG desestima o recurso presentado polo Concello. O TSXG valida o criterio adoptado na sentenza do Xulgado Nº3 de Lugo, o cal determinou fraudulenta contratación deste traballador polo Concello da Pontenova, ao cal se lle renova o contrato ano a ano desde o ano 2013.

Segundo o TSXG, "a fraudulenta contratación, a realización de funcións estructurais e o cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, merito e capacidade no acceso á súa praza, tras superar un proceso público de selección para a súa contratación, convirte ao traballador en persoal laboral fixo do Concello da Pontenova. Na mesma situación que este traballador están todos os operarios do GES da Pontenova, habendo outro que está á espera do fallo do TSXG despois que o Xulgado do Social Nº 3 de Lugo tamén decretara no seu día a súa condición de persoal laboral fixo en base aos mesmos criterios", di a Cig.

"Esta sentenza vén a manifestar a situación fraudulenta que os concellos fan do persoal destes grupos de emerxencias", din dende a Cig, "esta situación fraudulenta da contratación do persoal destes grupos de emerxencias, que se dá de forma prácticamente xeral en todos os concellos que dispoñen deste servizo, deriva dunha concepción irresponsable por parte das administracións implicadas, tanto Xunta, como deputacións provinciais, Fgamp e concellos sede, posto que dunha banda o obxectivo da Xunta é dar unha suposta cobertura de servizos de emerxencias a zonas nas que non chegan os parques de Bombeiros, e por outra banda os concellos, co visto bó de deputacións e Fgamp, acollen estes grupos co obxectivo de poseer peóns baratos para a realización de todo tipo de labores, sendo para todas estas administracións o de menos que a poboación conte cuns servizos de emerxencias eficientes, profesionais e correctamente equipados", din.

Para a Cig, a regularización dos contratos fraudulentos debe de estar na axenda do Comité de Empresa do Concello que se conforme a partir do vindeiro venres, cando se celebran as Eleccións Sindicais do persoal Laboral do Concello da Pontenova, e onde a Cig presenta candidatura por vez primeira, polo que de obter representación levará ao debate no seo do Comité de Empresa a situación tanto dos traballadores do Ges coma do resto de traballadores e traballadoras do Concello que poideran ter os seus contratos en situación fraudulenta.

0.15568590164185