O Valadouro fleta un autobús para que os veciños vaian á piscina de Foz

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello do Valadouro dispuxo todo o necesario para que a partir deste mesmo 1 de novembro todos os xoves haxa un autobus para ir á piscina municipal de Foz.
30 Out 2019

O Concello do Valadouro dispuxo todo o necesario para que a partir deste mesmo 1 de novembro todos os xoves haxa un autobus para ir á piscina municipal de Foz. Os veciños poderáno coller os xoves no parque Concepción Arenal a partir das 10.30 horas.

O prezo é de 11,50 euros e deberase pagar na propia piscina, xa que o autobús é gratuíto.

As persoas interesadas en participar en dita actividade deberán inscribirse nas oficinas municipais en horario de 10 a 14 horas.

0.10500717163086