O Valadouro súmase un ano máis a campaña En negro contra as violencias

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
12 Nov 2019

O Concello do Valadouro súmase un ano máis a campaña En Negro contra as Violencias. Dita campaña durará dende o 18 ó 25 de novembro e o Concello facilitara material para axudar a difusión da mesma.

Colectivos e empresas tamén poden adherirse e toda a información pódese atopar na web www.valadouro.org.

En Negro contas as Violencias é unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela, co impulso da Administración local, e que ano tras ano foi medrando, involucrando a máis concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de xeito viral mesmo fóra de Galicia. Aínda que está latente durante todo ou ano é sobre todo no mes de novembro, e no 25N ou 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cando a acción desprega a súa actividade de forma máis intensa.

Dende o seu inicio buscouse implicar o tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento das violencias de xénero e mais dos asasinatos machistas.

Tamén se apostou por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, empresas, establecementos comerciais e axentes sociais.

Colectivos e empresas tamén poden adherirse. O colectivo que decida unirse á campaña asume compromisos como os de participar nas accións de difusión e loita contra a violencia de xénero, empregar os materiais identificadores da campaña en lugar visible e representativo da organización, manifestar o seu rexeitamento a toda manifestación de violencia de xénero, propoñer accións de difusión, concienciación e erradicación da violencia de xénero, manifestar o seu compromiso coa erradicación de toda mostra ou manifestación de discriminación por razón de sexo e difundir a acción nas redes sociais ou por calquera outra canle que teña a súa disposición.

A empresa  que decide unirse á campaña asume a súa vez compromisos similares, como participar nas accións de difusión e loita contra a violencia de xénero, empregar os materiais identificadores da campaña en lugar visible e representativo da organización, asignar recursos para o desenvolvemento de accións que teñan como finalidade erradicar a violencia de xénero e manifestar o seu compromiso coa erradicación de toda mostra ou manifestación de discriminación por razón de sexo.

Ademais das accións incluidas hai recomendacións relacionadas coa inserción laboral das mulleres vítimas da violencia de xénero: a inserción sociolaboral das mulleres que sofren violencia é un elemento imprescindible na súa recuperación integral e é a mellor garantía para rachar o círculo de violencia no que se atopan elas e mais os seus fillos, e poder volver participar activamente na sociedade.

Tamén se aposta por implementar plans de igualdade: no artigo 45 da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a Igualdade efectiva entre mulleres e homes, establécese que as empresas están obrigadas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar calquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán negociar, e no seu caso acordar, cos representantes legais dos traballadores na forma que se determine na lexislación laboral.

Búscase o feito de crear unha canle de denuncias que permita a calquera traballador ou traballadora que vexa ou coñeza unha situación de violencia de xénero dentro da túa empresa pólo en coñecemento da dirección.

Os colectivos poden confirmar a súa participación neste enlace: https://ennegrocontraasviolencias.gal/adhesion/colectivos. E as empresas neste outro: https://ennegrocontraasviolencias.gal/adhesion/empresas.

0.12009811401367