O Vello Cárcere acolle a exposición ‘Baixo a luz de Caín’ de Fernando Gago

LugoXa
A mostra poderá visitarse ata o 15 de xuño e reivindica a fotografía como ferramenta de reflexión sobre a vida
exposición-Baixo-a-luz-de-Caín-Lugo
27 Mar 2026

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, asistiu á inauguración da exposición ‘Baixo a luz de Caín’, do artista Fernando Gago, no Vello Cárcere de Lugo, onde destacou a capacidade da fotografía para emocionar e invitar á reflexión sobre as distintas etapas da vida.

Durante o acto, Ferreiro puxo en valor o talento creativo do autor e subliñou a importancia de contar con espazos culturais como o Vello Cárcere para achegar a arte á veciñanza. Ademais, incidiu no compromiso da Tenencia de Alcaldía coa promoción cultural e co apoio á creación contemporánea.

A exposición, que xa está aberta ao público desde o 26 de marzo, poderá visitarse ata o 15 de xuño de 2026 nas celas de homes da primeira planta, ofrecendo ao público unha proposta artística centrada na forza expresiva da imaxe fotográfica.

0.1225311756134