O Vello Cárcere acolle a proxección do documental 'Lévame a idea'

LugoXa
Esta curtametraxe reivindica, desde unha óptica feminista, o papel fundamental das mulleres á hora de preservar a poesía, o canto e a cultura popular galega
Gravación-documental-Lévame-a-idea-
14 May 2025

Con motivo do Día das Letras Galegas, proxectarase no Vello Cárcere un documental sobre as divulgadoras da música de tradición oral galega este xoves xoves día 15.

A curtametraxe titulada 'Lévame a idea', que se proxectará en dous pases para colexios e para o público en xeral, reivindica, desde unha óptica feminista, o papel fundamental das mulleres á hora de preservar a poesía, o canto e a cultura popular galega, que é o principal obxectivo. Por outra banda, esta cinta supón afondar na promoción da igualdade e en dar visibilidade á muller en todos os ámbitos sociais e culturais.

O xoves, ás 11.30 da mañá, terá lugar o pase do documental para estudantes dos centros educativos de Lugo, mentres que pola tarde, a partir das 19.30 terá lugar a proxección da citada curtametraxe, realizada por tres mulleres vinculadas dende hai moitos anos ao eido da música tradicional.

O documental contén diferentes testemuñas, dende as mulleres que acompañaban co canto diversos momentos da súa vida cotiá ata as xeracións de pandeireteiras máis actuais, pasando por aquelas que tiveron a inquedanza de achegarse ás aldeas para recoller e aprender todo o que estivo a piques de perderse.

⚙ Configurar cookies
0.1641731262207