O Vello Cárcere acolle esta semana a presentación de dous libros

LugoXa
O Vello Cárcere acolle hoxe e mañá a presentación de dous libros que terán lugar no auditorio ás 20.00 e ás 19.00
Presentacion libro portada
Presentacion libro portada
24 Ago 2022

O Vello Cárcere acolle esta semana a presentación de dous libros. Hoxe mércores 24 de agosto ás 20.00 terá lugar a presentación do libro Hasta el infinito y mas allá unha publicación que agrupa unha serie de relatos que invitan ao lector a soñar mesturando o real, o misterioso, o fantástico e facendo voar a imaxinación máis ala do final.

O xoves 25 ás 19.00 terá lugar a presentación de Travesías del sentir, un libro de relatos e ilustracións cheo de humor, maxia e transformación. Relatos que narran o cotiá dunha forma entrañable e sinxela, descubrindo a grandeza da vida nos pequenos detalles e rescatando do recordo o esencial.

Travesias del sentir cartel scaled e1661162463711 768x576
0.18291616439819