O Vello Cárcere acolle mañá dúas presentacións
O Vello Cárcere acollerá duas presentacións, por unha banda o novo caderno da colección ideas impresas da Fundación Galiza Sempre e a Marcha Mundial das Mulleres, baixo título Saúde sexual e reprodutiva. O caso galego e por outra a presentación do libro Ninguén queda do autor Brais Lamela.
A presentación do caderno terá lugar mañá martes, 13 de decembro, ás 19 horas no patio do Vello Cárcere e contará coa participación de Maite Ferreiro, concelleira de Cultura no Concello de Lugo e vicepresidenta da Deputación, e Elvira Lombao, membro da Plataforma Feminista de Lugo e da Marcha Mundial das Mulleres en Lugo.
Esta obra consta dun percorrido dos feitos e das contribucións do feminismo galego na loita pola despenalización do aborto na Galiza. Ademais das achegas do movemento feminista ás politicas para a saúde sexual e reprodutiva.
De igual modo, dentro desta publicación exponse os resultados dunha enquisa que a Marcha Mundial das Mulleres elaborou en 2022 sobre saúde sexual e o dereito ao aborto, e así coñecer as sensibilidades e as experiencias das mulleres galegas arredor desta cuestión.
A presentación do libro Ninguén queda terá lugar ás 19.30 e consistirá nun encontro co autor Brais Lamela e a escritora Cecilia F. Santomé. A entrada será libre.