O Vello Cárcere acolle un encontro co colectivo 'Mujeres Creando'

LugoXa
Hoxe sábado 26 de novembro O Vello Cárcer acolle ás 18.00 horas un encontro con Mujeres Creando da man da ONGD Solidariedade Internacional
solidariedade internacional Galicia portada
25 Nov 2022

Hoxe sábado 26 de novembro O Vello Cárcer acolle ás 18:00 horas un encontro con Mujeres Creando da man da ONGD Solidariedade Internacional. Tres representantes do colectivo darán a coñecer o seu traballo recoñecido mundialmente pola súa trascendencia na loita contra as distintas violencias machistas que enfrontan as mulleres (sexual, laboral, económica…).

Mujeres Creando é un espazo autoxesionario, de resistencia a través da arte, de sostemento das mulleres superviventes de violencia machista e de denuncia dos abusos de poder.

As casas La Virgen de los Deseos ou Los Deseos de la Virgen (en La Paz e Santa Cruz respectivamente), Radio Deseo FM, o servizo Mujeres en Busca de Justicia ou a Axencia de Emprego forman parte do universo Mujeres Creando, un grupo de mulleres que apostan por unha práctica feminista baseada no traballo intelectual, manual e creativo dende o colectivo e a política concreta.

Solidariedade Internacional de Galicia traballa na actualidade en proxectos de Cooperación Internacional en Bolivia apoiando a labor do colectivo Mujeres Creando.

solidariedade internacional Galicia 724x1024

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15817189216614