O Vello Cárcere acolle unha charla sobre a tradición das máscaras galegas e portuguesas

LugoXa | SarriaXa
A etnógrafa sarriá Mercedes Vázquez Saavedra ofrecerá este xoves unha viaxe visual e cultural polo universo da máscara popular
Mercedes-Vázquez-fotógrafa-Sarria
10 Feb 2026

O Vello Cárcere acollerá este xoves, 12 de febreiro, ás 19:30 horas, unha charla organizada polo Colectivo Ruando que terá como protagonista á etnógrafa, ensaísta e fotógrafa Mercedes Vázquez Saavedra. A actividade levarase a cabo baixo o título Viaxe polo mundo da máscara e propón un percorrido polo rico e diverso patrimonio das máscaras tradicionais de Galicia e Portugal.

Durante a sesión, Vázquez Saavedra proxectará e comentará unha ampla selección de fotografías recompiladas ao longo de anos de viaxes e traballo de investigación, achegando ao público a forza simbólica destas expresións culturais, o seu significado profundo e a variedade de formas e tradicións que existen a ambos lados da raia. A charla permitirá afondar nun universo pouco coñecido para boa parte da cidadanía, no que a máscara se converte nun elemento central da identidade colectiva e da transmisión cultural.

A relatora leva anos dedicada á divulgación deste patrimonio inmaterial a través de numerosas exposicións, publicacións e actividades culturais, co obxectivo de poñer en valor unha riqueza etnográfica que segue viva grazas á tradición e á memoria popular.

⚙ Configurar cookies
0.09196400642395