O Vello Cárcere acolleu a presentación o número 26 da revista poética 'Xistral'

LugoXa
A nova edición reune máis dun cento de textos e confirmou a publicación como referente da creación literaria galega
Revista-Xistral-Lugo
24 Dec 2025

O Vello Cárcere de Lugo acolleu a presentación do número 26 da revista lucense de creación poética Xistral, nun acto no que participou a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, quen puxo en valor a traxectoria dunha publicación nacida do entusiasmo xuvenil dun entón descoñecido Manuel María, cando comezaba a dar a coñecer os seus primeiros poemas.

Durante o encontro, diversos poetas participaron nun recital que devolveu a Xistral o seu carácter de cita anual coa poesía galega e consolidou a revista como unha canle de difusión para creadoras e creadores lucenses e como un proxecto de referencia para todas as persoas con interese pola poesía, tal e como destacou a responsable municipal.

A edición presentada reuniu un total de 101 textos poéticos de autorías diversas, xunto con dúas ilustracións, nun número coordinado por Toño Núñez e cun consello de redacción integrado por Marica Campo, Claudio Rodríguez Fer, Olga Novo e a propia concelleira de Cultura. Ademais da creación literaria, a revista incorporou ilustracións asinadas por Jesús Alfonso Parada Jato e María José Rodríguez García, reforzando o diálogo entre palabra e imaxe.

O número 26 de Xistral contou coa participación de Carlos Abeledo Maristany, Yolanda Alcas, Xavier Álvarez-Blázquez Fernández, María José Alvite, Delfina Amoroso Abuín, Ana Arias Castro, Carlos Arias, Xesús Bermúdez Tellado, Carmen Blanco, Jose Blázquez, Dionisio Bran, Antón Cando, Xosé Manoel Casar piteira, Luís Chapela Bermúdez Luís da Roxa, Fernando da Serra, Luz Darriba, Tino de Féliz, Esther Díaz López, Lois Diéguez, Xosé Manuel do Castro, Luciano do Monfadal, Domus Áurea, Beatriz Dourado, Aleksandr Dziuba, Manuel Eiza, José Estévez López, Mª Sara Fernández, Fernando Juan Cone, Adela Figueroa Panisse Curra, Manuel Formoso, Antom Fortes Torres, Ana Mar Fraga Rábade, Teresa G. Senra, Paloma García Méndez, Antonio García Teijeiro, María García, Xosé Lois García, Chelo Gayoso Díaz, Ana Belén Gómez Roca, Xesús Pablo González Moreiras, Antón Grande, Dolores Guerrero, Mero Iglesias, Jonathan Jorge Guille, Antom Laia, Paco Ledo, A. Lois, Lomarto, Sui Lóng Xue Bào, Suso López, Magadán, Begoña Martín Acero, Emilia Martínez Fuertes, Martiño Maseda, Sonia Melón, Eva Méndez do Roxo, Amalia Méndez Lombao, Paulo Naseiro, Manuel Xosé Neira, Nieves Neira, Xoán Neira, Toño Núñez, Xaime Oroza, Xosé Otero Canto, David Otero, Jesús Alfonso Parada Jato, Conchita Paz Montenegro, Luísa Paz Montenegro, José Pedreira, Vicente Piñeiro, XoXé Pompei, Xerardo Quintiá, Rafa Ramos, Antonio José Francisco Rey, Pedro Rielo, Carmen Rivero Gallego, Claudio Rodríguez Fer, Benito Eladio Rodríguez Fernández, María José Rodríguez Losada, Margarita Rodríguez Otero, Concha Rodríguez, Simón Rodríguez, Quique Roxíos, Ruth Santiso, Eva Teixeiro, José Torres, Xesús Trashorras, José Carlos Ulloa García, Charo Valcárcel, Andrea Valle, Elena Varela Vázquez, Xose Luís Vázquez Somoza, Manuel Vázquez, Sara Veiga, Elvira Veloso, José Vieira, Helena Villar Janeiro, Branca Villar, Carmen Espiño e X. m. XESPI, configurando unha edición especialmente ampla e representativa da diversidade poética actual.

⚙ Configurar cookies
0.084767818450928