O venres realizarase a presentación dunha exposición da Milagrosa

LugoXa
O venres 25 de xuño, no local social da Asociación de Veciños Comerciantes da Milagrosa, terá lugar a presentación dunha exposición.
parque milagrosa
23 Xuño 2021

O vindeiro venres 25 de xuño, no local social da Asociación de Veciños Comerciantes e Industriais Distrito da Milagrosa -sito na rúa Luís Ameijide, número 10- terá lugar a presentación da exposición Historia do Barrio da Milagrosa de 1960 a 2002 e será entre as 11.30 e as 13.30 horas.

Ese mesmo día, nese mesmo horario, tamén se fará público o nome das persoas que realizan a Pegada Veciñal -impresión en Caolín de Burela, da palma da man por parte dunha serie de personalidades que deixaron pegada no barrio da Milagrosa-.

Así mesmo, a mencionada exposición Historia do Barrio da Milagrosa de 1960 a 2002 inaugurarase o venres 16 de xullo, ás 20.00 horas no centro de servizos sociais de Frigsa (parque da Milagrosa).

Dende a organización comunican que a presentación se fará nun espazo amplo de tempo para non aglutinar a todos os medios de comunicación á mesma hora e poder cumprir desta maneira, as medidas sanitarias correspondentes.

barrio milagrosa
0.20103192329407