O VI Festexo da Troita terá lugar o 14 de maio en Ribeira de Piquín
O VI Festexo da Troita terá lugar o 14 de maio en Ribeira de Piquín. Esta festa ten como principal protagonista a pesca da troita. Nela, hai varias actividades, incluído un concurso de pesca nas variedades de arrastre, cebo e mosca, comida popular e verbena. Unha festa popular á que acoden moitos afeccionados ao deporte da pesca no entorno único do río Eo e da Ribeira de Piquín.
O programa dará comezou ás 7.30 horas coa concentración de pescadores na Praia do Chao. Ás 9.00 xomeza o concurso de lance-mosca que rematará ás 13.00 horas. Será ás 15.30 horas cando se celebre o xantar de irmandade. Ás 17.00 publicaranse os resultados e terá lugar a entrega de premios.
Ás 22.30 horas os veciños e asistentes poderás desfrutar dunha churrascada gratuíta.
Ademais, haberá unha sesión vermout e festa verbena co Dúo Epo-K.
A inscrición para o concurso terá un custe de 30 euros e farase a través dos números de teléfono 687 249 687 (Víctor) e 628 556 618 (Menan).