O Vicedo invita a descubrir o xacemento dos Moutillós nunha ruta nocturna o mércores

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
13 Aug 2019

O Concello do Vicedo segue dando a coñecer a súa paisaxe con rutas programadas para cada mércores, como a de sendeirismo nocturno que haberá esta semana entre a igrexa parroquial e a zona deo xacemento dos Moutillós, en San Román, o mércores 14.

O punto de encontro fixouse na igrexa de O Vicedo, ás 22 horas, pero convén anotarse previamente chamando ao 982 59 01 95.

TEATRO. Aparte, entre as restantes actividades propostas polo Concello, figura a función teatral de Italytime, que representa 'Orden y Matrimonio' e 'La Cláusula', o domingo 18, ás 20 horas na Casa da Cultura do Vicedo (haberá tamén pequenas pezas musicais en directo).

0.11850786209106