O Vicedo negocia co Estado o mantemento do Fuciño do Porco e a creación de máis prazas de aparcadoiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
28 Aug 2019

O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, é un dos máis veteráns no cargo da provincia no seu cargo, xa que ocupa a alcaldía dende hai 18 anos que pasarán a ser 22 cando remate o presente mandato. Agora que vai avanzando cara ao final a tempada estival, avanza que seguirán coas rutas de sendeirismo en setembro e negocia con Costas e Portos do Estado o mantemento dun dos principais reclamos, o do saínte rochoso do Fuciño do Porco.

Aínda que quixera ampliar por exemplo os aparcadoiros alí existentes, o rexedor lembra que a zona non pertence ao Concello, senón a Portos do Estado.

Con todo, os aparcadoiros de Fuciño do Porco figuran entre os obxectivos previstos nos orzamentos municipais, recentemente aprobados. O proxecto para crear máis párkings, tendo en conta o elevado número de visitas a este enclave, está sometido a información na Xunta e o alcalde do Vicedo prevé que sexan unha realidade para o vindeiro verán. Nestes momentos hai capacidade para albergar unhas 20 prazas e os novos permitirían aumentalos a 180. Tamén se pretende instalar uns baños.

Pese as fermosas praias da localidade, ningunha delas ten hoxendía socorristas xa que o Concello renunciou a telos, hai dous anos, por diferentes motivos.

0.15319085121155