O Vicedo vive inmerso nas festas de Santo Estevo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Ago 2019

As festas patronais do Vicedo, adicadas a Santo Estevo, continúan hoxe sábado, 3 de agosto, co pasarrúas matinal a cargo do grupo de gaitas Illa Pancha a partir das 13 horas, ademais da tradicional misa solemne e da procesión. Cosmos ameniza a sesión vermú e estará acompañada pola noite por Fama no escenario da verbena.

A cita conclúe o domingo, trala celebración dunha misa de campaña na praia de Xilloi e a sesión vermú amenizada polo grupo Maracaibo que volverá actuar á noite como o fará a orquestra Suavecito.

0.20213890075684