O Vive Praza, que achega á Praza Maior os proxectos dos coworking municipais, terá lugar o mércores

LugoXa
Vive Praza terá lugar este mércores para dar a coñecer e poñer en valor os proxectos instalados nos viveiros de empresas municipais
Vive praza Portada 2
19 sep 2022

O Vive Praza, que fora adiado por mor da previsión meteorolóxica, terá lugar este mércores 21 de setembro. Esta xornada serve para dar a coñecer e poñer en valor os proxectos instalados nos viveiros de empresas municipais baixo o título Vive Praza. O evento terá lugar na Praza Maior, en horario continuado de 11:00 a 23:00 horas e onde se poderán coñecer unha vintena de proxectos, produtos e servizos emprendedores que están a medrar desde os viveiros de empresa municipais. Ademais, tamén haberá sesión vermú emprendedora para fomentar o networking, ludoteca para crianzas desde 3 anos, un obradoiro infantil relacionado co emprendemento, un contacontos, e como peche final unha actuación musical.

Esta iniciativa enmárcase dentro do movemento Localmente Lucense, promovido polo executivo municipal, a través da área de Desenvolvemento Local e Emprego, que dirixe a edil Ana Abelleira. En concreto, trátase dunha das accións específicas postas en marcha pola alcaldesa para dinamizar os viveiros de empresas municipais.

A xornada dará comezo ás 11.00 con unha benvida, explicación da xornada e a apertura de postos do mercadiño emprendedor. Ás 12.00 terá lugar a primeira parte da presentación dos proxectos emprendedores dos viveiros e ás 14.00 unha sesión vermú a cargo do Dj Álex Mei.

Xa pola tarde ás 16.00 dará comezo a presentación da segunda parte dos proxectos emprendedores dos viveiros e ás 17.30.00 un contacontos para público infantil. Tamén terá lugar un obradoiro infantil ás 18.30 e ás 19.30 será a entrega de diplomas e obsequios. Ó longo de todo o día dende ás 11.15 ata ás 20.00 haberá unha ludoteca infantil e ás 20.00 para finalizar o día haberá unha actuación musical a cargo de Carta de Ajuste.

Vive Praza horairo
0.22695398330688