O Viveiro xogarase o domingo o pase á Copa do Rei

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Viveiro ou Ribadumia.
1 1
8 Out 2020

Viveiro ou Ribadumia. Só pode quedar un. O emblemático estadio Verónica Boquete de Santiago de Compostela albergará este domingo día 11 de outubro o choque entre os dous primeiros clasificados da Preferente Galicia ao termo da fase regular da pasada campaña. O gañador do encontro levará o premio gordo: un billete para disputar a fase previa da Copa do Rei.

Desde o ano pasado, o campión de Preferente ten este outro premio, á parte do ascenso a Terceira División. A pesar de que o ano pasado esta clasificación para a fase previa do torneo do KO resolveuse cun dobre partido a ida e volta, dadas as circunstancias actuais por motivo da COVID-19 os dous equipos acordaron que se xogarán esa praza nun único encontro, o deste domingo en Santiago de Compostela.

A gran cita para Viveiro e Ribadumia, que será retransmitida en directo pola TVG2, será este domingo 11 de outubro a partir das 17.30 horas no estadio Vero Boquete de Santiago de Compostela.

Sorteo da fase previa da Copa do Rei

O sorteo copeiro está previsto para inicios de novembro, e quince días antes debe coñecerse quen será o conxunto que participe co cartel de campión da Preferente Galicia. O gañador medirase nunha rolda inicial a un conxunto de Terceira División que compita en calquera outro grupo nacional e, de superalo, no seguinte podería enfrontarse a conxuntos profesionais. Sen ir máis lonxe, o pasado curso foi o Pontellas o representante autonómico, tras gañar a eliminatoria previa contra o As Pontes. Os porriñeses caeron logo contra o Tolosa, da Terceira División vasca, que posteriormente sería o rival do Real Valladolid, da máxima categoría.

0.11227202415466