O xadrez sae ás rúas de Lugo cun ciclo de exhibicións e partidas abertas á cidadanía

LugoXa
A Praza Maior acolleu a primeira sesión das Xornadas de Xadrez na Rúa, nas que 16 xogadores se enfrontaron ao Mestre Internacional William Espinosa
Xadrez-na-rúa-Lugo-26
13 Jul 2026

As Xornadas de Xadrez na Rúa, promovidas polo Concello de Lugo, botaron a andar este verán coa celebración da súa primeira actividade na Praza Maior, convertendo este espazo nun punto de encontro para os afeccionados a este deporte.

Na xornada inaugural participaron 16 xadrecistas lucenses, que tiveron a oportunidade de disputar partidas simultáneas fronte ao Mestre Internacional William Espinosa, natural do Perú. A actividade, aberta ao público, desenvolveuse nun ambiente de convivencia, deportividade e participación.

Esta iniciativa ten como obxectivo achegar o xadrez á cidadanía levando a súa práctica aos espazos públicos da cidade e fomentando a participación de persoas de todas as idades.

A programación continuará ao longo das próximas semanas en diferentes prazas de Lugo con novas exhibicións e sesións de partidas simultáneas, todas elas gratuítas e abertas á veciñanza, aínda que será necesario realizar reserva previa para participar.

0.1292929649353