O xogador do CD Lugo Fernando Embadje, convocado coa selección absoluta de Guinea-Bisáu

LugoXa
O gardameta foi citado para os encontros fronte a Tanzania e Nixeria, correspondentes ás dúas primeiras xornadas de clasificación para a Copa Africana de Nacións 2027
fernando-embadje
18 Sep 2026

O porteiro do Club Deportivo Lugo, Fernando Embadje, foi convocado coa selección absoluta de Guinea-Bisáu para o próximo parón internacional. O gardameta incorporarase á concentración do seu combinado nacional, que comezará o 21 de setembro en Tanzania.

O futbolista estará dispoñible para o partido desta fin de semana ante o Zamora CF, antes de incorporarse aos compromisos coa súa selección.

A selección de Guinea-Bisáu afrontará dous compromisos clasificatorios para a Copa Africana de Nacións 2027, que se celebrará en Tanzania, Quenia e Uganda. O primeiro será a domicilio fronte a Tanzania, o 25 de setembro, mentres que o segundo terá lugar o 29 de setembro ante Nixeria, co conxunto guineano como local.

A convocatoria do futbolista abrangue o período comprendido entre o 21 de setembro e o 2 de outubro.

Desde o club felicitamos a Fernando por esta convocatoria e desexámoslle moito éxito nos seus compromisos internacionais.

0.15012407302856