O Xuvenlugo regresará ao Pazo de Feiras con atraccións para todas as idades durante o Nadal

LugoXa
O espazo abrirase en varias quendas entre o 5 de decembro e o 7 de xaneiro, en horario de 16:30 a 20:30 horas, cun prezo de nove euros por entrada
atraccións Xuvenlugo
21 Nov 2026

O Xuvenlugo volverá ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo durante as festas de Nadal cunha nova edición que ofrecerá atraccións e propostas de lecer para todas as idades. A instalación abrirá as súas portas en varias quendas entre o 5 de decembro de 2026 e o 7 de xaneiro de 2027, cun horario habitual de 16:30 a 20:30 horas.

En decembro, a actividade desenvolverase os días 5, 6, 7 e 8; 11, 12 e 13; 18, 19 e 20; 22 e 23; e do 26 ao 30. Xa en xaneiro, poderá visitarse os días 1, 2, 3, 4, 6 e 7.

Esta edición contará tamén con varias sesións sen ruído, pensadas para facilitar a participación das persoas con sensibilidade auditiva. Serán de 18:30 a 20:30 horas os días 6 e 21 de decembro e 26 de decembro, así como o 1 e o 4 de xaneiro.

O prezo establecido para esta edición será de nove euros por entrada.

0.16523885726929