O XXVIII Maratón Fotográfico do Lugo Cultural celébrase mañá
O XXVIII Maratón Fotográfico do Campus celébrase mañá domingo 6 de novenbro, unha cita que inclúe nesta edición como novidade un chisco á figura de Rof Codina.
Este certame, aberto á participación de todas as persoas afeccionada á fotografía, repartirá 900 euros aos participantes. Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do certame, dotado con 350 euros, trofeo e diploma, o Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía do tema proposto pola organización, dotado con 300 euros, trofeo e diploma, Premio á mellor fotografía de tema libre, dotado con 250 euros, trofeo e diploma e este ano haberá unha modalidade nova coa dotación de 250 euros que se dará a coñecer o día da reunión o día 6 de novembro.
A elaboración dun calendario con 12 das imaxes presentadas a concurso e a apertura, prevista para o 21 de novembro na Biblioteca Intercentros, dun exposición composta por 20 imaxes que logo viaxará á Biblioteca Provincial Lugo, completan a dimensión do XXVIII Maratón Fotográfico do Campus.
Todas as persoas inscritas deberán estar na Casa do Saber ás 9.30 da mañá para recibir o tema elexido pola organización, as participantes que non asistan ás 9.30 da mañá só poderán participar na sección tema proposto.
A entrega e selección das fotografías que se presentarán ao certame será o 7 de novembro ata as 10.30 cunha entrega por correo electrónico ou WeTransfer con suficiente calidade a cultura.lugo@usc.gal. As fotos deberán remitirse en formato .jpg, cun máximo de 3.543×2.362 píxeles (equivalente a unha imaxe de 30×20 a 300 ppp). Cada fotografía arquivarase co nome do tema ao que corresponde.