Oficios á luz do claustro en Lugo para celebrar a artesanía europea

LugoXa
O claustro da Catedral de Lugo acollerá unha xornada de obradoiros o 10 de abril dentro dos Días Europeos de la Artesanía
catedral-lugo-plaza-santa-maria
2 Apr 2026

O claustro da Catedral de Lugo converterase o vindeiro venres 10 de abril nun espazo vivo para a creación artesanal coa celebración de “Oficios á luz do claustro”, unha iniciativa que reunirá a distintos obradoiros e profesionais do sector ao longo da xornada.

A actividade desenvolverase en horario de mañá, de 11:00 a 14:00 horas, e pola tarde, de 16:00 a 19:00 horas, permitindo ao público achegarse de maneira directa aos procesos creativos e ás técnicas tradicionais e contemporáneas da artesanía.

Entre os participantes figuran proxectos e marcas como Artesanía O Pasatempo, Enxógate, Esquina Atlántica, Fonteimill, Fusaiola, LeCoop/Víctor Montero, Miratú, Nova, Patapúm, Portomeñekos e Tres Caracoles, que ofrecerán demostracións e interacción co público asistente.

Esta iniciativa está promovida pola Xunta de Galicia a través de Artesanía de Galicia, en colaboración coa Asociación de Artesanos de Lugo, co obxectivo de poñer en valor o traballo artesanal e achegalo á cidadanía nun espazo patrimonial único.

0.13679194450378