Oito concellos lucenses participan no II Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar do programa Xogade

LugoXa | TerraChaXa | RibeiraSacraXa
Serán Friol, Pantón, O Saviñao, Sober, Carballedo, Taboada e Portomarín ata o 4 de maio
Presentación da II Carreira de Cross Escolar de Chantada
Presentación da II Carreira de Cross Escolar de Chantada
25 Jan 2025

O II Circuíto Comarcal de Carreiras de Cros Escolar do programa de deporte infantil da Xunta de Galicia, Xogade, ábrese o domingo, 2 de febreiro, en Chantada. Nesta edición participan 8 concellos, e despois de comezar en Chantada seguirase o seguinte calendario:

  • Friol, 9 de febreiro
  •  Pantón, 23 de febreiro
  •  O Saviñao, 16 de marzo
  • Sober, 23 de marzo
  • Carballedo, 6 de abril
  • Taboada, 20 de abril
  • Portomarín, 4 de maio

Este II Circuíto destínase a nenos e nenas nados entre o 2010 e o 2019. A inscrición é gratuíta e pode facerse a través da web do Concello de Chantada, nas escolas deportivas e cos profesores de ximnasia dos diferentes municipios participantes. A participación inclúe transporte e seguro para a realización das distintas carreiras.

“Con este tipo de actividades queremos motivar a nenas e nenos a que practiquen deporte. Tentamos incentivar que non sexa un concurso competitivo así que entregaranse medallas a todos/as os/as participantes. O encontro con corredores de concellos veciños é tamén unha posta en valor dos nosos territorios”, explica Belén Vázquez Caseiro, concelleira de Deportes, Educación e Xuventude do Concello de Chantada.

0.16627192497253